ENTIDAD
A GRANXA
COMISIÓN DELEGADA
LOCALIZACIÓN
EMPRESAS
PLANO POLÍGONO
EMPRESAS MIEMBRO
UTILIDADES
HEMEROTECA
ENLACES DE INTERÉS
CONTACTO
HEMEROTECA
27/07/2007 A Granxa contará desde agosto cun Punto Limpo

O horario de apertura será de luns a sábado desde as 10:00 horas ata as 14:00 horas

O alcalde de Porriño, Raúl Francés, presentou hoxe na Casa do Concello o novo Punto Limpo que estará operativo o 1 de agosto, segundo unha nota de prensa do Concello porriñés. O alcalde estivo acompañado por Pedro Pereira, concelleiro delegado de Vías e Obras e Servizos Municipais, Mª Luz Fernández Grandal, Administradora de Aceesca Emprego, S.L. e Ángeles Leirós, Xerente de Aceesca.

O alcalde Raúl destacou que “coa habilitación deste Punto Limpo o Concello asume un novo compromiso co medioambiente pois evitará a creación de pequenos vertedoiros e a importante carga contaminante que destes residuos se desprende. Por outra banda, ao estar xestionado por Aceesca Emprego, S.L., permítese o acceso ao traballo a persoas con discapacidade e téntase, deste xeito, romper as barreiras laborais coas que habitualmente se atopan”.

Pedro Pereira definiu o Punto Limpo como “unha instalación onde se efectua a recepción de residuos que pola súa natureza non son obxecto habitual do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos. Nel almacenaranse temporalmente até entregalos aos xestores autorizados.”

Os usuarios do Punto Limpo son os cidadáns que residan no Concello do Porriño e deberán achegar os residuos ao Polígono da Granxa, no vial T, na parcela 257, a carón da zona de Servizos. Os residuos admitidos son os que seguen a continuación e non poden superar uns valores prefixados para cada unha das fraccións: residuos perigosos do fogar, pilas, acumuladores e baterías, mobiliario, colchóns, frigoríficos, lavadoras, electrodomésticos, ferralla, palés de madeira, neumáticos, restos de poda, móbiles, aceite vexetal e de automoción, roupa e textiles. Non se admitirán residuos sen clasificar, materia orgánica, residuos agrícolas ou gandeiros, residuos industriais ou comerciais, residuos mineiros ou extractivos, animais mortos, residuos sanitarios, radiactivos e productos que procedan de decomisados. O horario de apertura será de luns a sábado desde as 10:00 horas ata as 14:00 horas.

www.vigometropolitano.com/article.php3?id_article=26525
 
<< volver a listado de noticias