O primeiro tenente de alcalde mantivo un encontro de traballo cos axentes económicos e sindicais de Porriño
O primeiro tenente de alcalde e candidato socialista á alcaldía, Iván Vaqueiro, mantivo hoxe un encontro de traballo cos axentes económicos e sindicais de Porriño para presentarlles o seu proxecto económico. Ó acto asisitiron Santiago Gómara, presidente da Asociación de Empresarios de As Gándaras - Porriño, Indalecio Cuevas, presidente da Entidade Urbanística de Conservación de A Granxa, David Sobral, secretario xeral da Federación Galega de Parques Empresariais, Mª Juana Pérez Rodríguez, presidenta da Asociación de Comerciantes de Porriño, e representantes dos sindicatos C.C.O.O. e UXT da comarca.
Vaqueiro comprometeuse en primeiro lugar a celebrar logo do 27 de Maio unha reunión como a mantida hoxe para fixar de maneira permanente os marcos do diálogo social en Porriño durante os vindeiros catro anos baixo a fórmula do Consello Económico Social, para segundo afirmaba o socialista “ ter un órgano permanente de diálogo cos axentes económicos e sociais e construir Porriño entre todos e todas”.
O candidato socialista garantizou a Asociación de Empresarios máis orzamento para a xestión dos Polígonos e incentivos fiscais no IAE do municipio ás empresas que utilicen a coxeneración energética e subvencións de ata o 50% as empresas que xeneren emprego en Porriño”.
Vaqueiro se comprometeu tamén cos sindicatos a impulsar o primeiro Pacto Local polo Emprego e a adaptar a formación municipal ás necesidades laborais do municipio, algo pendente todavía, e a crear unha Mesa Local polo Emprego con empresarios e sindicatos para impulsar o emprego estable no municipio, porque segunodo el, “tamén os Concellos debemos velar pola estabilidade laboral dos nosos traballadores e traballadoras”.
Pedir o traslado da Cámara de Comercio a Porriño e unha Delegación de Hacienda
Por último, Vaqueiro garantizou ó colectivo de comerciantes máis colaboración e diálogo se ten a Alcaldía para buscar máis solucións, e propuso un novo parking no actual Parque Infantil dada a cantidade de trafico existente e para revitalizar o barrio de san Benito e San Sebastián.
Entre as medidas de fomento do comercio, Vaqueiro afirmou que traballará tamén para que se traslade a Porriño a Cámara de Comercio, dado que o censo comercial e industrial da actual Cámara, ten un alto porcentaxe de empresas e comercios de Porriño, e a estudiar tamén a creación dunha Delegación de Hacienda en Porriño dado o volume de negocio existente. |