ENTIDAD
A GRANXA
COMISIÓN DELEGADA
LOCALIZACIÓN
EMPRESAS
PLANO POLÍGONO
EMPRESAS MIEMBRO
UTILIDADES
HEMEROTECA
ENLACES DE INTERÉS
CONTACTO
HEMEROTECA
04/12/2012 A Entidade Urbanística de Conservación da Granxa doa unha tonelada de alimentos destinada a SOS Porriño

A Entidade Urbanística de Conservación da Granxa realiza esta doazón en solidariedade con aquelas persoas máis desfavorecidas do municipio, un xesto que adquire maior relevancia dada a proximidade do Nadal

O alcalde do Concello de Porriño Nelson Santos desprazouse ao polígono da Granxa para recibir unha doazón de alimentos que irá destinada a SOS Porriño. O presidente e o xerente da Entidade Urbanística de Conservación da Granxa, Indalecio Cuevas e David Sobral, respectivamente, fixeron entrega ao rexedor local de 1.000 quilos de alimentos non perecedoiros, como un xesto solidario con aquelas persoas máis desfavorecidas do municipio.
Santos agradeceu o xesto, que se repite por segunda vez desde a apertura de SOS Porriño, e que "sen dúbida agradecerán aínda máis as familias que se beneficiarán desta achega, sobre todo nestas datas tan especiais". Precisamente, desde a Entidade sinalan que a primeira vez que realizaron a doazón foi en febreiro deste ano 2012 "e a que agora facemos fariámola igualmente por esa época, pero pensando en que xa está próxima o Nadal e as necesidades de moitas persoas acentúanse aínda máis se cabe, cremos oportuno realizar as doazóns previa a estas datas", apunta Cuevas.
No lote de alimentos inclúense desde legumes, galletas, fariña, arroz, pasta, azucre, cacao e tamén produtos típicos do Nadal como o turrón.
O Concello de Porriño, no seu apoio a esta iniciativa social, estableceu unha serie de acordos con empresas do sector da alimentación para que estas colaboren achegando lotes de alimentos e produtos de primeira necesidade, así como tamén se contempla a posibilidade de doazóns privadas e desinteresadas de calquera outra persoa ou entidade comprometidas coa causa
http://www.concellodoporrino.net/opencms/opencms/oporrino/content/ayun/noticias/nelson-santos-recepciona-unha-tonelada-de-alimentos-destinada-a-sos-po
 
<< volver a listado de noticias