As beirarrúas e rotondas están sendo reparadas e tamén se repintarán os viarios. Todo iso, xunto co mantemento das zonas verdes, suponlle ao Concello un custo anual de máis de 150.000 euros O Goberno local anuncia a finalización do último proxecto de saneamento na zona, co que todo o polígono queda xa totalmente conectado á EDAR de Guillarei
O alcalde do Concello de Porriño Nelson Santos visitou nos últimos días os traballos de mantemento realizados no polígono industrial da Granxa. Os labores están sendo acometidas tanto por persoal municipal, dependente do servizo de Vías e Obras, así como pola empresa concesionaria do mantemento das zonas verdes. "Desde o Goberno local estanse executando diferentes traballos co obxectivo de manter en bo estado todas as zonas comúns desta área industrial, un acometido que lle supón ás arcas municipais un custo de máis de 150.000 euros anuais", sinala Santos. O rexedor local comprobou a limpeza efectuada na contorna das dúas lagoas situadas no polígono "e que levaba máis de 20 anos sen limpar, acumulando moita maleza e lixo". Agora toda esta zona foi rozada supondo unha contorna natural inigualable nun área industrial. Ademais, estanse reparando as beirarrúas e rotondas, así como o repintado dos diferentes viarios. Santos anuncia tamén que está xa rematado o saneamento de pártea norte do polígono, xunto coa zona industrial da Casilla-Atios e o futuro PPI-5, "de maneira que xa podemos dicir que o polígono da Granxa quedou totalmente conectado á Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR)". Por outra banda, o alcalde recorda a recente inspección e reparación do sistema contra incendios en devandito polígono, que supuxo un investimento de 30.000 euros aproximadamente, sufragado polo Concello na súa totalidade. Santos subliña que "todos estes traballos enmárcanse no labor de velar polo bo estado e mantemento das diferentes infraestruturas, asegurando un servizo neste caso en beneficio do empresariado asentado nas zonas industriais do municipio".
|