ENTIDAD
A GRANXA
COMISIÓN DELEGADA
LOCALIZACIÓN
EMPRESAS
PLANO POLÍGONO
EMPRESAS MIEMBRO
UTILIDADES
HEMEROTECA
ENLACES DE INTERÉS
CONTACTO
HEMEROTECA
30/03/2010 «Sogama vive no fío»

Entrevista de La Voz de Galicia a Luis Lamas (presidente de Sogama)

Sogama traballa contra reloxo para atopar novas solucións para ampliar a vida útil do vertedoiro de Areosa, ao borde da saturación e que recibe cada ano en torno a 400.000 toneladas de residuos de toda Galicia que non se poden tratar na incineradora por falta de capacidade. Ata que non saia adiante o plan parcial que permitirá crear un novo vertedoiro ao lado do actual, solución que chegará no outono do 2011, son varias as alternativas que se están a aplicar para evitar que o sistema colapse. «Non nos podemos permitir o luxo de non chegar a tempo», admite o presidente da sociedade, Luis Lamas.
-Hai tres anos, o seu antecesor no cargo admitía que Sogama estaba saturada. ¿Cal é a situación agora?
-Evidentemente, a situación é preocupante, porque si antes xa estaba colapsada, agora a situación é moito máis grave. O bipartito tivo catro anos para ampliar o vertedoiro ou tomar outro tipo de medidas, pero non fixo nada. Cando nós chegamos, o vertedoiro estaba saturado, tiña para cinco ou seis meses máis de vida útil.
-Como solucións temporais ampliouse a vida útil dun vaso, abriuse outro novo e pénsase facer un proxecto de recrecido dunha antiga zona do depósito. ¿En que consiste?
-O proxecto de recrecido, que xa se entregou na consellería consiste en poñer residuos por riba dunha zona do vertedoiro que xa estaba sellada e que xa tiña herba encima. Aquilo xa baixou e está ao nivel do chan, co que poderemos reutilizalo.
-Si, pero se o proxecto sectorial para facer o novo vertedoiro se retrasa non lles queda moita marxe de manobra. ¿Que outras alternativas existen?
-Dentro do actual vertedoiro, na zona da balsa das depuradoras, temos un terreo, que é de Sogama, pero que non ten a cualificación urbanística axeitada. É unha alternativa, aínda que nos vai levar tempo, porque o terreo está cualificado como rústico. O que non me explico é porque a autorización non se xestionou xa moito antes.
-Aínda así cabería a posibilidade de que non se cubrirán prazos. ¿Que se faría entón co lixo que envíen os concellos e que o complexo non poida absorber?
-Sogama está vivindo no fío, pero isto ten que saír ou si ou si. Non nos podemos permitir o luxo de non chegar a tempo, porque Sogama ten a obriga de atender a tódolos concellos.
-De tódolos xeitos, tanto estas situacións temporais, como cando chegue o novo depósito, estamos a falar de vertido do lixo, a peor das opcións.
-Si, a lexislación o que di é que a última forma de eliminación dos residuos é o vertedoiro.
-Entón sería partidario, como xa o apuntou nalgunha ocasión, da creación dunha incineradora no sur.
-Isto é unha cousa que a min non me compete decidir. Pero o novo plan de residuos si terá que establecer unha solución ao problema. O que é certo é que levamos moito tempo cun modelo que é bo e que funciona ben, que é o modelo Sogama. É un modelo imitado, porque aquí recibimos visitas doutras comunidades e de Arxentina ou Brasil para ver como funcionamos. É un modelo bo, pero para tratar 550.000 toneladas, que son para os que estaba deseñada a planta.
-Xa, pero aínda que sexa a título persoal, ¿cre que é imprescindible unha nova incineradora?
-Non sei se é imprescindible ou non. Pero os países de Europa con unha maior taxa de reciclaxe son os que teñen unha maior taxa de valorización enerxética. Aquí non se trata de inventar nada, senón de ter sentido común e ser racionais. Experimentos, case que non, porque necesitamos algo que funcione e que nos dea resposta aos problemas que temos aquí, onde non temos unha saída para as 400.000 toneladas que cada ano están indo ao vertedoiro e que non deberían ir.
-Outro tema que preocupa a Sogama é a débeda dos concellos. ¿Como está esta situación?
-A situación é complicada, porque os concellos o están pasando canutas pola crise, e a débeda dos concellos con nós é moi importante. O que quero facer é, polo menos un día á semana, é recorrer Galicia para falar cos alcaldes do tema.
-Pero cal é a débeda.
-A débeda dos concellos está en torno aos 16 millóns de euros, que é unha cifra moi importante. Só dous clientes, a mancomunidade de Morrazo e Pontevedra, nos deben oito millóns de euros.
www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/03/30/0003_8388027.htm
 
<< volver a listado de noticias