ENTIDAD
A GRANXA
COMISIÓN DELEGADA
LOCALIZACIÓN
EMPRESAS
PLANO POLÍGONO
EMPRESAS MIEMBRO
UTILIDADES
HEMEROTECA
ENLACES DE INTERÉS
CONTACTO
HEMEROTECA
16/03/2010 O Concello de Porriño colaborará co CTAG na creación dun centro de excelencia en electrónica para vehículos intelixentes

O goberno local recibiu esta mañá ó director do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, Luis Moreno

O goberno local de Porriño recibiu esta mañá no Concello ao director do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), Luis Moreno, acompañado de técnicos do centro, así como de Pedro Doñate, da empresa Xestur e do arquitecto César Portela. O alcalde Nelson Santos e os tenentes de alcalde Manuel Carrera, Marcelino Coto e José Manuel Jacobo escoitaron as inquietudes e proxeccións desta entidade, creada para ofrecer solucións tecnolóxicas avanzadas ao sector do automóbil, que a día de hoxe céntranse na execución dun proxecto sectorial para o que o Concello xa lle ofreceu a súa colaboración, brindandolle “toda a axilidade e flexibilidade posible”, aseguraba o alcalde.
Centro de excelencia en electrónica para vehículos intelixentes
Ante a necesidade de ampliar as instalacións, o CTAG creou un proxecto ambicioso, presentado á Xunta de Galicia, de máis de 50 millóns de euros. Porén, debido á situación xeral de recesión económica que se está sufrindo nos últimos tempos, o obxectivo fixouse nunha primeira fase, de aproximadamente uns 10 millóns de euros, en que se comprarán todos os terreos necesarios e construirase un dos tres edificios previstos, co obxecto único de convertero nun centro de excelencia en electrónica para vehículos intelixentes.

A maior preocupación do CTAG reside no orzamento dispoñible para a execución, nun período de tempo determinado, de todas as accións que contén esta primeira fase. Precisamente, mañá mesmo procederase ao pagamento das expropiacións para comezar, decontado, co proxecto.

Pola súa banda, o goberno local comprometeuse a estudar e revisar o proxecto, “achegando todo o que estea da nosa man”. Neste caso, a obra lle afecta o Concello no referente á expropiación de dous viais e tamén no que fai á construción da urbanización interior, en onde é preciso unha vía alternativa. Por todo iso, desde o CTAG solicitáronlle ós dirixentes municipais “unha revisión do proxecto para intentar ver onde podemos axustar e apostar ao máximo”, sinalaba Luis Moreno. Ademais, existen dúas parcelas de cesión do Concello, unha xunto ás pistas deportivas e outras situada na parte traseira.

Neste sentido, queda aberto un diálogo entre o CTAG e os técnicos municipais para resolver todos “os flocos pendentes” antes de comezar a obra. Pola súa banda, o goberno local ofreceúlles unha comunicación fluída en todo o referente a temas administrativos, proxectando así mesmo unha visita en próximas datas ás instalacións situadas no polígono da Granxa.
blogs.apeneira.com/lourinha/2010/03/o-concello-do-porrino-colaborara-co-ctag-na-creacion-dun-centro-de-excelencia-en-electronica-para-vehiculos-inteli
 
<< volver a listado de noticias