ENTIDAD
A GRANXA
COMISIÓN DELEGADA
LOCALIZACIÓN
EMPRESAS
PLANO POLÍGONO
EMPRESAS MIEMBRO
UTILIDADES
HEMEROTECA
ENLACES DE INTERÉS
CONTACTO
HEMEROTECA
15/03/2010 O PSOE pide ó goberno local que non marxine ó polígono de As Gándaras

Iván Vaqueiro e Carlos Díaz pediron un compromiso de inversión de Concello e Xunta para executar un plan de mellora integral do parque empresarial

O portavoz socialista de Porriño, Iván Vaqueiro, valorou hoxe positivamente que se mellore o mantemento do polígono empresarial de A Granxa, anunciado recentemente polo goberno local, pero esixiu o mesmo tratamento para o polígono de As Gándaras, e conminou ó goberno local a non marxinar a este parque empresarial que, pola súa antigüedade, necesita tamén moita atención: “O mantemento dos polígonos é competencia municipal e polo tanto, ben sexa cunha asistencia técnica como era a empresa Eulen ata o 2008, como directamente por persoal do Concello, debe realizarse, pero non debemos marxinar a ningún polígono. O acordo de mantemento debe ser para As Gándaras e para A Granxa, pois non se entende un tratamento diferenciado. Esiximos ó Concello un trato igualitario neste senso".

Proxecto integral de mellora do polígono de As Gándaras

Vaqueiro e Díaz foron un paso máis alá e pediron un esforzo de inversión nos polígonos, que xeneran unha importante serie de ingresos ó municipio. Segundo Carlos Díaz, “non vale con dicir que imos facer mantemento. Temos que ser ambiciosos cos nosos polígonos e esixir unha importante inversión para mellorar as súas infraestructuras e servizos, e permitir un correcto uso ás empresas e traballadores que alí se atopan”. O socialista instou ó goberno local a solicitar inversións á Xunta de Galicia para mellorar de xeito integral o polígono de As Gándaras", e afirmou que “o polígono empresarial de As Gándaras necesita xa unha importante inversión que mellore de xeito integral, as dotacións e servizos dos que dispón, así como a mellora do firme e as beirarrúas e zonas verdes do mesmo. Xunta e Concello deben comprometerse a traballar en conxunto para lograr mellorar o estado do actual polígono e adecualo ás necesidades dos seus usuarios".
blogs.apeneira.com/lourinha/2010/03/o-psoe-pide-ao-goberno-local-que-non-marxine-ao-poligono-de-as-gandaras/
 
<< volver a listado de noticias