ENTIDAD
A GRANXA
COMISIÓN DELEGADA
LOCALIZACIÓN
EMPRESAS
PLANO POLÍGONO
EMPRESAS MIEMBRO
UTILIDADES
HEMEROTECA
ENLACES DE INTERÉS
CONTACTO
HEMEROTECA
13/10/2006 O Concello contará en seis meses cunha nova cartografía e unha actualización do inventario municipal de viais

O concelleiro de Vías e Obras sinala que este mes comezan os traballos de redacción

Este mes comezan os traballos de redacción dunha nova cartografía e a actualización do inventario municipal de viais públicos, así o asegurou hoxe o concelleiro de Vías e Obras, Pedro Pereira. A empresa adxudicataria ten un prazo de seis meses para desenvolver os traballos, polo que o Concello agarda que estean concluídos na primavera de 2007.


Pedro Pereira destaca que “a posta o día da cartografía e o inventario de camiños resulta imprescindible para unha xestión correcta do planeamento urbanístico, tanto no centro urbano como nas parroquias”. Con estes traballos “substituiranse os documentos agora mesmo vixentes, que datan de comezos da década de 1980 e que se atopan obsoletos polos moitos cambios que se produciron neste tempo”, explica o concelleiro, que destaca que “o PXOM foi redactado en base a ese inventario, e os desaxustes respecto á situación real provoca problemas na súa aplicación, algo que cos novos datos se solucionará”.

A redacción da nova cartografía e inventario da rede viaria municipal conta cun orzamento total de 129.320 euros. Destes, 90.000 foron achegados pola Dirección Xeral de Transportes da Xunta de Galicia, 20.000 pola Deputación de Pontevedra e os 19.320 restantes polo Concello do Porriño.

A nova cartografía incluirá planos dixitalizados en tres escalas diferentes. En escala 1/5.000 a cartografía de todo o termo municipal, a 1/2.000 a dos núcleos rurais e a escala 1/1.000 os planos da zona urbana e industrial (centro, Polígono de Torneiros e As Gándaras e A Granxa), ademais de ortofoto dixital a escala 1/2.000.

Coa actualización do inventario da rede municipal de viais públicos realizaranse fichas específicas de cada camiño nas que se especificará a súa situación, dimensións, tipoloxía, estado actual, e servizos cos que conta: saneamento, abastecemento, iluminación. No desenvolvemento dos traballos tamén se realizará unha investigación sobre a toponimia para recuperar os nomes tradicionais dos camiños do municipio. Toda a información recollida integrarase nun software informático compatible cunha aplicación para establecer o inventario municipal na súa totalidade.
www.vigometropolitano.com/article.php3?id_article=17839
 
<< volver a listado de noticias