ENTIDAD
A GRANXA
COMISIÓN DELEGADA
LOCALIZACIÓN
EMPRESAS
PLANO POLÍGONO
EMPRESAS MIEMBRO
UTILIDADES
HEMEROTECA
ENLACES DE INTERÉS
CONTACTO
HEMEROTECA
12/01/2010 O PSOE pide a Francés que non esconda “a súa irresponsabilidade na presentación dos Orzamentos”

Vaqueiro reiterou que "a inexistencia dun orzamento e de xestión por parte do Concello levou a perda non so da subvención de alumeado do Polígono de A Granxa"

O voceiro socialista de Porriño, Iván Vaqueiro, respondeu hoxe as críticas de Raúl Frances ó PSOE, nas que tildaba de “insulto á intelixencia” pedir que se presente o novo Orzamento de 2010, afirmando que “o único insulto á intelixencia que existe no Porriño é o de adicarse a insultar os grupos da Corporación como está a facer con eses calificativos e a de pretender malvender o patrimonio municipal para enmascarar un orzamento irreal e inexecutable".

“É incomprensible que no 2009 e no 2010, como fan todos os concellos de España, o alcalde nin chamase para falar deste tema e agora queira botarlle a culpa os demais”, sinala o voceiro socialista que tachou de incomprensibles os insultos que Francés realizou contra o seu grupo e lle pediu que os retirase de xeito inmediato. “O insulto e a descalificacion do libre exercicio democrático da crítica constructiva dos grupos da Corporación non pode nin debe ser a practica politica a seguir”.

Os socialistas afirman non entender a postura do alcalde que en vez de negociar, se pecha en banda e trata de escapar das suas responsabilidades diarias na elaboracion dos Orzamentos municipais de 2009 e 2010 o tempo que se adica a “bombardear mediaticamente” a todo aquel que trate de criticar a paralise que vive o Concello.

Vaqueiro lembrou a Francés que foi a Corporacion a que lle indicou o alcalde que buscase fontes de financiación das inversións que non supuxesen vender patrimonio municipal para facer obras. “Dixemos e seguimos dicindolle o BNG que o PSOE esta en contra de malvender patrimonio para facer obras. Se o alcalde fixo un orzamento no 2008 irreal e inexecutable, a responsabilidade de non facer obras e enteiramente sua", afirmou Vaqueiro, que acusou o alcalde de querer descapitalizar o Concello en vez de conseguir apoios de outras administracions ou xestionar mellor os ingresos do Concello. "¿Por que non resolve o alcalde o concencioso das Canteiras? ¿Por que o Alcalde non xestiona os ingresos do Concello? Francés quere pan para hoxe e fame para mañá malvendendo todas as parcelas dotacionais para facer obras, algo incomprensible. Non se pode entender que levemos dous anos sen nin sequera plantexar un borrador de Orzamentos e que agora se culpe os demais”.

“Incapacidade negociadora”

Segundo o socialista, “a incapacidade para negociar do alcalde é patente, pois dende o ano 2008 non fixo nin unha soa chamada o dialogo para facer uns orzamentos realistas de ingresos e gastos, o cal e unha mostra da sua prepotencia e sobervia no exercicio do seu cargo. Agora Francés pretende escurrir a sua responsabilidade como responsable da area de Facenda. A acumulación de concellerías na persoa da alcaldia so esta a supoñer a paralizacion da xestion do Concello".

"Como mostra delo, a area de Facenda ou a de Persoal. Os Orzamentos non so incluen inversións, senon tamen cuestións básicas como a resolución do convenio colectivo dos traballadores, as subvencións para os colexios, as partidas de benestar social, o apoio as asociacións de veciños, etc. Pretender, como fai Francés, botarlle a culpa os demais do que leva anos sen facer, non e a posición que os cidadáns esperan dun alcalde”.

Vaqueiro reiterou que "a inexistencia dun orzamento e de xestión por parte do Concello, levou a perda non so da subvención de alumeado do Polígono de A Granxa, senon que podemos perder os case 4 millóns de euros do soterramento das liñas de tensión de Torneiros e de As Gándaras da Consellería de Industria así como outras que non se chegaron a pedir por falta da parte municipal de cofinanciación”.

Como conclusión, o socialista lamenta "a actitude de Francés e lle pide que modere o ton das suas criticas, pois a sua falta de capacidade de dialogo e a procura de consensos na Corporacion, esta consolidando a paralise que vive o Concello dende xuño de 2007" e reiterou a oferta dos socialistas para falar do novo Orzamento. “Se Francés nos chama para negociar o Orzamento, o PSOE sentarase a falar. Pero que o alcalde lembre que cada ano se debe presentar un Orzamento”.
blogs.apeneira.com/lourinha/2010/01/o-psoe-pide-a-frances-que-non-esconda-a-sua-irresponsabilidade-na-presentacion-dos-orzamentos
 
<< volver a listado de noticias