ENTIDAD
A GRANXA
COMISIÓN DELEGADA
LOCALIZACIÓN
EMPRESAS
PLANO POLÍGONO
EMPRESAS MIEMBRO
UTILIDADES
HEMEROTECA
ENLACES DE INTERÉS
CONTACTO
HEMEROTECA
04/08/2009 Molares desexa «traballar conxuntamente» para resolver as peticións do concello porriñés

A delegada territorial da Xunta de Galicia realizou a primeira visita institucional ó municipio

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, realizou esta mañá a primeira visita institucional ó Concello de Porriño, onde mantivo unha reunión co alcalde Raúl Francés e con membros da Corporación local para tratar os asuntos que dependen da Xunta de Galicia. A visita da delegada ó municipio comezou nos xulgados, onde Molares quiso coñecer ós xuíces, a secretaria e ó resto do persoal que traballa no edificio así como as necesidades do complexo xudicial. Durante o transcurso do encontro, os titulares dos xulgados porriñeses ensináronlle ás instalacións á delegada e intercambiaron opinións para mellorar o funcionamento do centro.

Despois, a delegada trasladouse ata o Concello, onde mantivo unha reunión de traballo co alcalde Raúl Francés na que estiveron presentes outros membros da Corporación local. O rexedor tratou con Molares diversos temas que dependen das consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Educación, Cultura ou Traballo e Benestar, entre outros. "Nun clima totalmente distendido", segundo o comunicado do seu gabinete, a delegada territorial da Xunta coñeceu os proxectos e as necesidades de Porriño, consecuencia, sobre todo, da gran actividade industrial que ten o municipio. Así, abogou por “traballar conxuntamente” para resolver as peticións do concello.

Tras o encontro coa Corporación, Lucía Molares participou na entrega de diplomas das accións formativas 2008 que, dentro do Plan FIP xestionado pola Xunta de Galicia, supuxeron a formación de máis de 100 alumnos en oito especialidades distintas cunha inversión de case 500.000 euros. Cociña, perruquería, técnico en software ofimático, deseñador web e multimedia, informática de usuario, técnico en seguridade de redes e sistemas, iniciación a internet e cantería foron os cursos ofertados que, esta mañá, se clausuraron oficialmente coa entrega de diplomas. No acto, a delegada territorial agradeceu ós alumnos o seu “esforzo persoal” por levar a cabo estes cursos formativos que, según dixo, teñen un claro obxectivo: “conseguir emprego”. “A través destas iniciativas de formación se poden atopar maiores oportunidades de lograr un emprego, e ese é o obxectivo”, recalcou. Así, matizou que dende a Consellería de Traballo e Benestar “estase traballando neste senso” ademais de agradecer ó Concello de Porriño a súa implicación cos programas de formación. “O Concello sabe onde están as oportunidades para atopar ese emprego”, dixo en relación ás distintas especialidades que se ofertan no municipio. Así, recordou que “estamos atravesando un momento difícil” pero que dende a delegación territorial “se deben tomar todas as medidas para mellorar a empregabilidade”.

Por último, Molares visitou acompañada do alcalde, da concelleira de Emprego, Obdulia Diniz, doutros membros do goberno local e de técnicos do departamento municipal, as instalacións do Multiusos de Torneiros onde se concentra a impartición de todos os cursos formativos. Alí coñeceu a cociña, as remozadas clases de informática, a perruquería e a oficina de emprego ademais de charlar cos alumnos do curso de cociña que aproveitaron a ocasión para facer as súas primeiras prácticas co público.
www.vigometropolitano.com/news/169/ARTICLE/18259/2009-08-04.html
 
<< volver a listado de noticias