ENTIDAD
A GRANXA
COMISIÓN DELEGADA
LOCALIZACIÓN
EMPRESAS
PLANO POLÍGONO
EMPRESAS MIEMBRO
UTILIDADES
HEMEROTECA
ENLACES DE INTERÉS
CONTACTO
HEMEROTECA
22/12/2005 Innovación achega 140.000 euros ó CTAG para mellorar ós coñecementos de electrónica avanzada no sector da automoción

O Centro realizará o análise e seguimento de plataformas tecnolóxicas, proxectos de investigación a nivel europeo e proxectos estatais de I+D+i

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e o presidente da Fundación para a Promoción da Innovación, Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico na Industria da Automoción de Galicia, Javier Riera, asinaron esta mañá un convenio de colaboración polo que a consellería achega 140.000 euros para a realización, a través do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), de diversas actividades encamiñadas á incorporación de coñecementos en sistemas electrónicos avanzados nas empresas do sector.
O CTAG comprométese a levar a cabo actuacións dirixidas ao desenvolvemento de áreas de traballo que permitan dar resposta aos desafíos a curto prazo do sector, atraendo novas áreas de coñecemento. Deste xeito, o Centro ubicado no Parque Empresarial de A Granxa realizará o análise e seguimento de plataformas tecnolóxicas, proxectos de investigación a nivel europeo e proxectos estatais de I+D+i, así como a identificación e avaliación de sistemas avanzados de axuda á condución (ADAS) e sistemas telemáticos de interese para o sector.

No relativo aos ADAS e entre outros traballos, o CTAG avaliará en colaboración con FICOSA Internacional (compañía líder en desenvolvemento e produción de sistemas e compoñentes para a maioría de marcas de automoción do mundo) diversos sistemas de axuda á condución para a súa implementación no sector galego. Respecto aos sistemas telemáticos, procederase ao estudo de produtos de comunicacións GSM e a análise das posibilidades dun futuro sistema eCall.

Innovación e Industria quere reforzar así a súa política de apoio ao CTAG nas actuacións que está a desenvolver en materia de investigación, desenvolvemento e innovación co obxectivo último de obter vantaxes competitivas para as empresas do sector.
 
<< volver a listado de noticias