ENTIDAD
A GRANXA
COMISIÓN DELEGADA
LOCALIZACIÓN
EMPRESAS
PLANO POLÍGONO
EMPRESAS MIEMBRO
UTILIDADES
HEMEROTECA
ENLACES DE INTERÉS
CONTACTO
HEMEROTECA
12/07/2009 Ó longo do mes de xullo celebraranse en Torneiros tres obradoiros tecnolóxicos e unha charla sobre Internet

O Concello de Porriño programa diferentes actividades relacionadas coa difusión das novas tecnoloxías


O Concello de Porriño informa, a través da súa concellaría de Novas Tecnoloxías, dirixida por Obdulia Diniz, das actividades de achegamento ás novas tecnoloxías e á sociedade da información que terán lugar ao longo desde mes de xullo no municipio.

Realizaranse tres obradoiros dixitais de iniciación a internet, de iniciación á informática e de procura de emprego por Internet; e celebrarase unha charla sobre o uso educativo e seguro na rede.

O obradoiro Iniciación á Internet, que ten lugar desde o 9 ao 17 de xullo en horario de 9.30 a 11.30 horas, pretende que as persoas participantes, unha vez rematado o curso, sexan capaces de empregar de forma básica, aplicacións e ferramentas fundamentais relacionadas con Internet.

O obradoiro Iniciación á Informática, que se celebra do 20 ao 27 de xullo en horario de 9.30 a 11.30 horas, ten como obxectivo que as persoas participantes aprendan a manexar con certa soltura os obxectos (arquivos, cartafois, ferramentas…) e funcionalidades básicas que ofrece un computador.

Co obradoiro Procura de Emprego por Internet, que terá lugar do 29 ao 31 de xullo en horario de 10.00 a 12.00 horas, preténdese que as persoas participantes estexan capacitadas, unha vez rematada esta formación, para indentificar as ferramentas necesarias para elaborar un currículo e promocionalo pola Internet.

Asemade, esta prevista a celebración dunha charla, o 28 de xullo ás 13.00 horas no Centro Neural, no Edificio Multiusos de Torneiros, baixo o título Internet Educativo, consistente en explicar como facer un uso educativo e seguro da Internet por parte dos máis pequenos e pequenas.

Todas as actividades terán lugar no Edificio Multiusos de Torneiros, grazas ao convenio de colaboración asinado polo Concello do Porriño e a Rede de Dinamización da Sociedade da Información, dependente da Xunta de Galicia, para o desenvolvemento de accións consistentes en achegar as novas tecnoloxías aos colectivos sociais con maiores dificultades para formar parte da sociedade da información.
www.vigometropolitano.com/news/169/ARTICLE/17723/2009-07-12.html
 
<< volver a listado de noticias