ENTIDAD
A GRANXA
COMISIÓN DELEGADA
LOCALIZACIÓN
EMPRESAS
PLANO POLÍGONO
EMPRESAS MIEMBRO
UTILIDADES
HEMEROTECA
ENLACES DE INTERÉS
CONTACTO
HEMEROTECA
07/07/2009 A Rede de Dinamización da Sociedade da Información consigue que 600 persoas se acheguen ás novas tecnoloxías en Porriño

Pódese acceder a máis información sobre o proxecto en redededinamizacion.eu

O Concello de Porriño informa, a través da súa concellería de Novas Tecnoloxías, que a Rede de Dinamización da Sociedade da Información, con quen o concello porriñés ten asinado un convenio de colaboración, continuou en xuño co seu traballo decidido a prol da inmersión da cidadanía de Porriño nas novas tecnoloxías. No mes que ven de rematar impartíronse un total de tres obradoiros tecnolóxicos, de 36 horas de duración, a través dos que se formaron 24 persoas. Os obradoiros impartidos no mes de xuño foron Iniciación á Informática (en dúas ocasións) e Iniciación a Internet. Asemade, 14 persoas inscribíronse como usuarios/as da Rede para poder aproveitar, sempre de xeito gratuíto, as instalacións e todas as iniciativas que esta oferta nas horas de aula aberta, que foi utilizada nun total de 340 ocasións.

En canto ós números xerais da Rede desde que botara a andar no Concello de Porriño en xaneiro do 2007, destacar que foron xa 393 os usuarios e usuarias que fixeron o carné da Rede de Dinamización da Sociedade da Información. Neste tempo leváronse a cabo 69 obradoiros nos que recibiron formación 595 persoas. Aínda que os obradoiros son a principal actividade da Rede, tamén se organizan charlas formativas. A concelleira de Novas Tecnoloxías, Obdulia Diniz, afirmou que “os datos de participación nas actividades organizadas desde a Rede no Porriño son moi positivos. Preto de 600 veciños e veciñas teñen pasado polas instalacións que o Concello pon á súa disposición no Edificio Multiusos de Torneiros para poder achegarse ás novas tecnoloxías”.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as actividades da Rede no Porriño, poden dirixirse ao Centro de Dinamización, sito no Edificio Multiusos de Torneiros, chamar ao teléfono 986.348.944 ou mandar un correo electrónico ao enderezo miguel.oporrino@dinamiza.sociedadedainformacion.eu . Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información: http://www.redededinamizacion.eu .
apeneiradalourina.wordpress.com/2009/07/07/a-rede-de-dinamizacion-da-sociedade-da-informacion-consigue-que-600-persoas-se-acheguen-as-novas-tecnoloxia
 
<< volver a listado de noticias