ENTIDAD
A GRANXA
COMISIÓN DELEGADA
LOCALIZACIÓN
EMPRESAS
PLANO POLÍGONO
EMPRESAS MIEMBRO
UTILIDADES
HEMEROTECA
ENLACES DE INTERÉS
CONTACTO
HEMEROTECA
23/01/2009 Vivenda e Solo presentou o proxecto para a ampliación do Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia

O proxecto sectorial presentado pola conselleira será aprobado pola Xunta no primeiro trimestre de 2009

A conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, presentou no Porriño o Proxecto Sectorial para a ampliación do Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG), que na práctica suporá a creación do Centro de Excelencia en Electrónica para Vehículos Intelixentes. A ampliación se levará a cabo sobre unha superficie de 47.164 metros cadrados colindantes coa actual instalación do CTAG. O investimento estimado entre a Administración pública e o CTAG ascende a 50 millóns de euros, correspondentes á adquisición dos terreos, á urbanización do ámbito e á construción das instalacións do novo centro.

Táboas valorou a oportunidade deste tipo de infraestruturas “na actual conxutura económica e de extrema dificultade para o sector do automóbil”. Nese sentido, a conselleira nacionalista salientou que esta actuación en colaboración co CTAG permitirá “avanzar en competitividade ás nosa empresas da automoción, e suporá un novo impulso ao sector desde o punto de vista científico-tecnolóxico e económico”.

A conselleira tamén salientou que esta nova infraestrutura “conlevará á creación de emprego de alto nivel tecnolóxico a través das empresas existentes na actualidade e de novas empresas que podan crearse ou ser atraídas a Galicia para realizar I+D+i nun entorno competitivo e de vangarda”. O novo centro que se construirá na ampliación do CTAG albergará cinco laboratorios especializados en deseño electrónico, área de fabricación de compoñentes prototipo, laboratorio de calidade e laboratorio de fiabilidade electrónica, entre outros.

No acto de presentación, a conselleira estivo acompañada polo presidente da Fundación para a Innovación, Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico da Industria da automoción de Galicia, Antonio Santos, o director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo e presidente de Xestur, Daniel Pino, o alcalde de Porriño, Raúl Francés, e outras autoridades. A conselleira finalizou a visita cun percorrido polas actuais instalacións do CTAG.
apeneiradalourina.wordpress.com/2009/01/23/vivenda-e-solo-presentou-o-proxecto-para-a-ampliacion-do-centro-tecnoloxico-da-automocion-de-galicia
 
<< volver a listado de noticias