ENTIDAD
A GRANXA
COMISIÓN DELEGADA
LOCALIZACIÓN
EMPRESAS
PLANO POLÍGONO
EMPRESAS MIEMBRO
UTILIDADES
HEMEROTECA
ENLACES DE INTERÉS
CONTACTO
HEMEROTECA
09/05/2008 As obras do centro de saúde de Porriño comezarán antes de finais de ano

A ampliación, na que Sanidade investirá 900.000 euros, incluirá un área de fisioterapia, unha nova zona de urxencia e tres novas consultas de medicina xeral

As obras de ampliación do centro de saúde de Porriño comezarán este mesmo ano, segundo as previsións do delegado provincial da consellería de Sanidade, Juan Antonio Martín Tejedor, que hoxe mesmo visitou as instalacións xunto ó voceiro socialista Iván Vaqueiro e a ex concelleira de Servizos Sociais, Josefa Sío, quen iniciou os trámites para a ampliación coa consellería a pasada lexislatura e agradeceu ao delegado a axilidade coa que está a levar a cabo os trámites.

O proxecto de ampliación foi licitado o pasado 29 de Abril de 2008 no DOGA e, á espera da adxudicación, o delegado pide ao concello do Porriño que se axilicen canto antes a cesión dos terreos colindantes ao centro de saúde para que a consellería os teña ao seu dispor e poder iniciar as obras canto antes.

O centro de saúde, que actualmente dispón de 1.607 metros cadrados de superficie, terá, logo destas actuacións, 2.402 metros cadrados nos que se instalará unha área de fisioterapia, ata o de agora inexistente, dotada co material e persoal correspondente. Este área inclúe consulta, sala de espera, sala de descanso e catro cabinas de tratamento.

Ademais habilitarase, na zona da ampliación, un novo pack de urxencias, independente das consultas de medicina xeral, con acceso á ambulancia. Toda a planta baixa será habilitada para as urxencias, mentres que a planta superior acollerá a zona de descanso.

O novo centro contará, en canto área de adultos, con tres consultas de medicina xeral máis que se suman ás seis xa existentes, tres novas salas de espera, outra sala de admisión, un despacho máis para psicoloxía, ademais un novo oficio limpo e outro sucio e almacén de materia.

No que respecta a área de muller, disporá cunha consulta para matrona máis con aseo. En canto a pediatría, sumarase unha consulta ás dúas xa existentes, ademais de dúas novas consultas de enfermería e unha sala de espera.

“Estas actuacións veranse conpletadas con máis equipamento e máis persoal”, explicou o delegado. Á ATS e á asistenta social,q eu se incorporaron fai dous meses, sumaranse en vindeiras datas unha enfermeira e un pediatra.

“É unha satisfacción para nós ver que o goberno autonómico, gobernado por un presidente socialista, está a levar a cabo estas actuacións estratéxicas no Porriño, xa que á do centro de saúde súmanse ás do cruce da Casilla ou o novo colexio Antonio Palacios, xestións que levamos a cabo na pasada lexislatura”, explicou Vaqueiro, ao tempo que agradecía á consellería “a axilidade da tramitación”. Neste senso, apuntou, “seguiremos traballando para que a administracións siga facendo obras tan importantes no noso concello”.
apeneiradalourina.wordpress.com/2008/05/09/as-obras-do-centro-de-saude-do-porrino-comezaran-antes-de-finais-de-ano/
 
<< volver a listado de noticias