ENTIDAD
A GRANXA
COMISIÓN DELEGADA
LOCALIZACIÓN
EMPRESAS
PLANO POLÍGONO
EMPRESAS MIEMBRO
UTILIDADES
HEMEROTECA
ENLACES DE INTERÉS
CONTACTO
HEMEROTECA
30/04/2008 O SERGAS licita a ampliación do Centro de Saúde de Porriño

O Concello abordará a cesión da parcela anexa no próximo Pleno da Corporación Municipal


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou hoxe o procedemento aberto de concurso para a redacción do proxecto básico e de execución e dirección da obra de construcción da ampliación do Centro de Saúde de Porriño. Segundo un comunicado do concello, para esta reforma por ampliación, o concello de Porriño cederá a parcela anexa ao Centro (na rúa Tranvía), asunto que se tratará no próximo Pleno da Corporación Municipal.

O alcalde de Porriño, Raúl Francés, mostrouse satisfeito por esta reforma, e amosou o seu “agradecemento” á Consellaría de Sanidade e ao SERGAS pola “súa sensibilidade diante das necesidades que o Centro de Saúde do Porriño demandaba, derivadas da existencia de novos servizos e dunha maior afluencia de xente”.

Raúl Francés afirmou que “o Centro de Saúde do Porriño, que tamén atende as urxencias dos concellos de Salceda de Caselas e Mos, precisa dunha reforma e ampliación que permita ofertar unha mellor calidade na asistencia sanitaria. Ainda que desde a administración local non temos competencia en materia sanitaria, este concello non quixo deixar de ser sensíbel ás peticións e suxerencias plantexadas pola veciñanza, que agora verá mellorado este servizo básico”.
vigometropolitano.com/news/169/ARTICLE/6990/2008-04-30.html
 
<< volver a listado de noticias