ENTIDAD
A GRANXA
COMISIÓN DELEGADA
LOCALIZACIÓN
EMPRESAS
PLANO POLÍGONO
EMPRESAS MIEMBRO
UTILIDADES
HEMEROTECA
ENLACES DE INTERÉS
CONTACTO
HEMEROTECA
04/07/2007 O Concello mellora os vestiarios e a iluminación das instalacións deportivas de A Granxa

A obra conta cun orzamento de 115.000 euros cofinanciados coa consellería de Cultura e Deporte

O Concello de Porriño concluíu xa, segundo informou o concelleiro de Vías e Obras, Pedro Pereira, as obras de mellora do complexo deportivo de A Granxa. A actuación inclúe a reforma dos vestiarios, a dotación de iluminacións nas pistas de atletismo e campo de fútbol e o cambio de valado. A obra conta cun orzamento de 115.000 euros, cofinanciados entre o Concello e a consellería de Cultura e Deporte. Os traballos consistiron no acondicionamento da cuberta do edificio dos vestiarios, a reparación da carpintería exterior e interior, a mellora da instalación de fontanería e a renovación de aparatos sanitarios.
www.lavozdegalicia.es/ed_vigo/noticia.jsp?CAT=111&TEXTO=5953178
 
<< volver a listado de noticias