ENTIDAD
A GRANXA
COMISIÓN DELEGADA
LOCALIZACIÓN
EMPRESAS
PLANO POLÍGONO
EMPRESAS MIEMBRO
UTILIDADES
HEMEROTECA
ENLACES DE INTERÉS
CONTACTO
HEMEROTECA
15/09/2006 A Xunta aproba a constitución e os estatutos do Consorcio antincendios que terá a súa sede en Porriño

A entidade formará parte da rede de emerxencias do servicio 112 SOS Galicia


Segundo publica hoxe La Voz de Galicia, o Consello da Xunta, na súa xuntanza semanal, aprobou o decreto de constitución e os estatutos do Consorcio contra Incendios e Salvamento das comarcas do Baixo Miño, Condado e Louriña. Este Consorcio estará integrado pola Xunta de Galicia, a Deputación provincial e os concellos de mondariz, Mondariz Baleario, Mos, As Neves, Porriño, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Tomiño e Tui.
A Xunta, elaborou no seu día o plan galego de dotación de parques contra incendios urbanos, basados en criterios de racionalidad técnica e económica. Este plan pretende dotar a comunidade dun servizo integrado de extinción de incendios garantindo ese servizo en toda Galicia baixo condicións aceptables, en función do risco e da dificultade técnica da extinción de incendios.
O Consorcio de estas tres comarcas terá a súa sede no parque contraincendios de Porriño, e constitúese por un tempo indefinido. O seu obxectivo é prestar un servizo contraincendios e de salvamento nos devantditos concellos, que levará a cabo cos seus propios medios e mediante a colaboración cos servizos municipais, os de protección civil e con outros colectivos con fins semellantes.
Ademáis, formará parte da rede de emerxencias do servizo 112 SOS Galicia e actuará fóra do seu ámbito nos casos de sinistro, calamidade ou grave perigo cando fose requirido para iso, e sempre que o demanden os órganos competentes e o autorice o presidente do Consorcio. Se xestionará a través do pleno, formado por un representante da Xunta, outro da Deputación e representantes dos concellos consorciados.
www.lavozdegalicia.es/ed_vigo/noticia.jsp?CAT=111&TEXTO=5106823
 
<< volver a listado de noticias